Participa para construir a Galicia do futuro

Galicia é futuro nace como un espazo de interacción do cidadán cos responsables políticos. Un lugar onde recoller as necesidades e as inquietudes que xorden no día a día nas cidades e nas vilas.

Mediante diferentes ferramentas, confeccionase un esquema do que somos e pretendemos ser. Todo cunha mirada posta no pasado, no presente e no futuro. Estamos en continuo cambio, e se non nos adaptamos a el é imposible camiñar ata un futuro próspero.

Coñece mellor o proxecto

Qué?

Somos un grupo de profesionais que están a disposición da cidadanía. O noso obxetivo é recoller as vosas opinións, inquedanzas ou problemas no lugar onde vivides.

Como?

Utilizamos diferentes ferramentas de análise, tanto cualitativas como cuantitativas. A recollida da valoración cidadán sobre elementos socioeconómicos, culturais e políticos que nos rodean no día a día.

Porqué?

Pola importancia de trasladar as necesidades e os problemas da cidadanía á administración pública. Reforzando así á sociedade civil.